diumenge, 5 de febrer del 2017

rosalía pels núvols



Rosalía de Castro, “Spanish author”?
Inician unha campaña para que os rótulos co nome da escritora galega nun avión da compañía Norgwegian vaia acompañados de “Galician author”.
Galicia confidencial.
3|2|2017

“Con este xesto a compañía quere reivindicar o seu dobre papel pioneiro, na recuperación do galego como lingua de cultura e o seu papel como matriarca das letras galegas por un lado, e na emancipación da muller polo outro", explicaba este mércores Miguel Urresti, responsable de Mercadotecnia de Norwegian en España a decisión de poñerlle o nome de Rosalía de Castro a unha das súas naves.
"En ambos os dous aspectos, Rosalía mostrou a senda que multitude de mulleres e homes seguiron ao longo do últimos século e medio. Esta é, ademais, a nosa achega ao 180 aniversario do nacemento da autora", abundou.
Sen embargo, na recreación sobre o nome e a imaxe da escritora que levará o avión figuraba que era unha “escritora española” e non galega. Por iso, a organización política independentista Causa Galiza iniciou nas últimas horas unha intensa campaña nas redes sociais para que miles de galegas e galegos se dirixan á compañía Norwegian para reclamar que modifique o erro producido ao titular Rosalia de Castro como "Spanish author" no Boeing 737-800 que levará o rostro da escritora...


Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada